Instituto Europeo Campus Stellae
Becas de 1.800 euros
Másteres en Violencia Doméstica, Violencia de Género, Maltrato al Mayor, Maltrato al Menor y Acoso Escolar.
www.campus-stellae.com
live@campus-stellae.com
+0034 981522788
Becas de 1.800 euros
Másteres en Violencia Doméstica, Violencia de Género, Maltrato al Mayor, Maltrato al Menor y Acoso Escolar.
www.campus-stellae.com
live@campus-stellae.com
+0034 981522788
A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) quere
facer pública a súa total desaprobación dos contidos do curso
"A custodia compartida en Galiza, enfoque multidisciplinar", que ten
lugar en Lugo do 22 ao 29 de outubro de 2011, ao abeiro da
Universidade de Santiago de Compostela.
AGAMME quere dar a coñecer a súa postura fronte á
Síndrome de Alienación Parental (SAP), que estará presente
transversalmente no citado curso da USC e está a utilizarse en
Galiza e no Estado español como arma de violencia de xénero e
contra os dereitos á infancia e adolescencia.
Estamos a falar dunha
teoría pseudocientífica, a SAP, que presupón a programación ou
lavado de cerebro dun proxenitor sobre o neno ou a nena, co fin de
denigrar e aldraxar o outro proxenitor e así xustificar a
resistencia do/a neno/a a manter unha relación con este último.
Nos últimos anos no Estado español fóronse infiltrando nas
sentenzas xudiciais baixo a suposto sinatura científica da SAP
argumentos para cambios de custodia ou outras accións legais de
enorme repercusión para o/a neno/a e a familia.
A nula pertinencia da SAP foi corroborada por organismos como o
Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, do Consello
Xeral do Poder Xudicial, ou a Asociación Española de
Neuropsiquiatría, que a califican de falsa.
Tamén ten sido
rexeitada por institucións internacionais como a Asociación
Americana de Psiquiatría (APA) ou a Organización Mundial da
Saúde (OMS).
Con estas premisas a Asociación Galega contra o Maltrato a
Menores non pode menos que desaprobar e rexeitar de xeito tallante a
celebración dun curso da universidade pública galega no que se
difunden ao público en xeral e aos futuros profesionais do país en
particular, contidos como os anteriormente citados.
Adxuntamos en pdf 3 documentos relevantes no que diversas
institucións públicas do país rexeitan a utilización da
SAP.
- 1) Posicionamento da Asociación Espola de Neuropsiquiatría.
- 2) Posicionamento do Consello Xeral do Poder Xudicial (páxinas 128 e seguintes).
- 3) Posicionamento do Observatorio Estatal contra a Violencia de Xénero.
Máis información en info@agamme.org ou no teléfono
636142012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber lo que opinas. Gracias por colaborar.